Os estudantes desfasan, desvarían, pásanse... pero tamén poden ser organizados, respectuosos e coidadosos. Ti que opinas? É o rallie unha incitación ao alcoholismo desenfreado ou unha actividade divertida máis?
Gustaríache que se repetise algo semellante? Cres que actualmente estaría mal visto? Este espazo está aberto a todas as opinións!
Hoxe en día gran parte da oferta de ocio para a mocidade está orientada á noite e ao alcohol. É unha mágoa, pero non creo que o rallie sexa unha forma máis perversa de facelo. De feito, atopo a ruta unha actividade ben interesante non só para os participantes, senón para a propia vida da zona vella compostelá. Ogallá cando a pandemia permita volver a saír de noito poidamos desfrutar dunha noite de Paris-Dakar (eso si, coidando e respectando os locais e a saúde de todas)