top of page

IN VINO VERITAS

Cunca París Dakar.png

A verdadeira historia tras o París-Dakar compostelá

Unha reportaxe de Aldara Diéguez, Catalina Eirea, Silvia Lino e Malena Fernández

Vídeo de elaboración propia

A ruta París-Dakar

A finais dos anos 80, un grupo de estudantes con moita inciativa e gana de festa, os Amigos da Carallada Enxebre, decidiron oficializar a ruta do París-Dakar. Unha ruta de viños inspirada no rallie automobilístico. O París-Dakar santiagués foi en cambio unha competición humorística na que se percorrían 28 bares da rúa do Franco e a Raíña. Esta competición encheu de chistes, bailes, cuncas de viño e moita, moita xente a noite compostelá.

Imaxe dos participantes do rallie París-Dakar bebendo as cuncas sen mans na barra dun bar.

Fotografía cedida por Demetrio Peláez

Santiago os 80

Santiago nos 80

Nos anos 80, Santiago era unha cidade por e para os estudantes. Nunha localidade de escasos 100.000 habitantes, os máis de sesenta mil estudantes que formaban parte da comunidade universitaria supuñan un gran impacto para a poboación. O estudantado enchía as rúas, os bares e as facultades.

En 1979 chegaron a Santiago os estudantes da EGB e do BUP. Foi un ano de crecemento da poboación estudantil grazas ao acceso das novas xeracións á educación superior. 

 

A cidade dos estudantes

Rúa Nova de Abaixo, cedida por Demetrio Peláez (El Correo Gallego)

A vida estudantil non era moi diferente á de agora. A maioría de estudantes vivía en pisos de alugeiro bastante antigos e que cubrían as necesidades xustas. Porén, outra parte deles empregaba as residencias e os hostais. 


Existían uns bonos expedidos pola universidade que cubrían a comida nos comedores universitarios, situados nalgunhas facultades como a de Medicina. Cando deixaron de expedirse estes bonos de comida, os mozos daquela acudían a restaurantes da zona como Casa Manolo, preto da facultade de Historia, para comer. Empregábanse moito as bibliotecas para estudar polas tardes e saíase pola noite. 

 

Os estudantes ían ás tascas e tabernas no seu tempo de ocio. Como os pisos non estaban en moi boas condicións, a mocidade reuníase en torno ás cafeterías e bares. 

A finais dos 80 a maioría da xuventude saía polo Ensanche, a zona nova. Os locais que se abrían eran todos nesa área. O casco histórico era visto como algo anticuado e para os vellos. A rúa do Franco, cuxos bares tiñan unha longa tradición de viños, estaba baleira de bares e mozos que beberan das súas cuncas. Os poucos locais nos que se podía ver aos estudantes eran os míticos: Modus Vivendi, a tetería da Algalia e o Fuco Lois…

 

Saír os xoves era toda unha institución na comunidade universitaria. Os mozos e mozas saían relixiosamente as noites do xoves ao venres. A maioría reuníase nas discotecas do Ensanche, onde se atopaban os locais de moda. 

 

O ocio nocturno no casco histórico comezou a rexurdir a finais dos 80 coa apertura de novos locais: a Casa das Crechas, o Metate… Coincide con isto o inicio da celebración do primeiro rallie humorístico París-Dakar. Naquela época, o curso universitario comezaba en outubro. Durante ese mes, os estudantes saían a tomar algo á tarde noite, cando remataban as clases, e a rúa da Raíña e o Franco enchíanse por completo. 

 

Os Negros: a policía da noite

Máis alá dos estudantes e dos bares, Santiago de Compostela era unha cidade na que, como en toda España durante a década dos 80, proliferaban as drogas. Sen ser unha cidade para nada perigosa, si que podemos falar dun repunte da delincuencia naqueles anos. 

Atopábamonos nunha época de desenvolvemento e repunte do tráfico de drogas e da drogradicción. Ademais, á cidade chegaron unha chea de xente nova e como di o historiador Lourenzo Fernandez, “as cidades son conservadoras e reaccionan fronte a tanta xuventude”

 

O concello de Santiago de Compostela creou unha unidade especial da policía local coñecida como Os Negros, posto que os oficiais levaban traxes negros. Estes policías patrullaban a noite compostelá para evitar conflitos en puntos estratéxicos como certos bares ou zonas da cidade. Pretendían con esta medida frear os roubos e actos delictivos relacionados co consumo de drogas. Os axentes formáronse en habilidades como as artes marciais. 

 

Porén, o xefe da unidade era especialmente polémico por ser unha personalidade non moi querida dentro da xuventude. 

Imaxe dos Negros, a policía da noite, achegándose a un bar en Santiago de Compostela.

Fotografía cedida por Demetrio Peláez

O nacemento do Rallie

Os Amigos da

Carallada Enxebre

Os Amigos da Carallada Enxebre

Cunca orixinal do París-Dakar, cedida por Gustavo Marcos Cancelas

Todo comezou no bar Negreira, en 1989. Entre as patacas amarelas que se poñían de pincho e que daban ao bar o nome polo que era coñecido –o bar Pataca-, reuníase un grupo de estudantes. Na súa maioría alumnos de física, pero acompañados por compañeiros doutras carreiras, estes mozos comezaron a preparar un rallie humorístico que revivise a zona vella. Eran os “Amigos da Carallada Enxebre”.

A idea naceu, como el o conta, de Gustavo Marcos Cancelas. Cando Gustavo comezou a estudar Física na USC no 82, atopou un ambiente moi diferente ao que lle prometeran. A zona vella estaba baleira, os estudantes saían máis por zona nova, había críticas sobre o viño das tascas...  Non obstante, entre as rúas do Franco aínda quedaban mozos e mozas que paseaban dun bar a outro. Motivados polo coñecido rally de coches que se desenvolvía entre París e Dakar dende 1978, e aproveitando que no corazón da cidade de Compostela se daba a casualidade de que dous baretos tiñan exactamente estes nomes, os estudantes percorrían a rúa do Franco dende o bar París ata o bar Dakar bebendo cuncas nas tascas que quedaban de camiño.

Onde calquera outra persoa podería ver só unha festa, unha celebración, unha escusa para emborracharse, Gustavo viu unha oportunidade. Marcos Cancelas era unha persoa con moita iniciativa, que xa na súa facultade organizaba eventos e charlas, conferencias ou xornadas de cine. Ao ver como se atopaba a zona vella, decidiu que o seu obxectivo era devolverlle a vida. E a forma máis sinxela de facelo era a través de algo que xa tiña fama: o percorrido entre o París e o Dakar. 

Gustavo comentou esta idea cos seus amigos entre as paredas do bar Pataca. O París-Dakar era “unha desfeita”, como el mesmo o describe, e era necesario darlle soporte e rigor. Nace así a “Asociación de Amigos da Carallada Enxebre”. Crear unha asociación sen ánimo de lucro era o máis sinxelo de facer: “só era poñer quen somos, uns estatutos, actas, e cousas así... Inscribimos a asociación e conseguimos o CIF”. Como toda organización, os “Amigos da Carallada Enxebre” tiñan que vincularse a un domicilio social: por suposto, o bar Pataca, transformado agora en sede.

O que comezara como unha idea para recuperar as pisadas pola zona vella convertíase pouco a pouco nunha realidade. Coa asociación creada, era necesario traballar no rallie, e o principal para Gustavo era afastarse da apoloxía ao alcoholismo. Para el, o alcohol era un medio, non un fin: a imaxe principal era o humor. Non se trataba de beber cuncas en bares ata caer rendido, de camiñar a catro patas entre un bar e outro ou de vomitar no medio do Franco. O importante era pasalo ben, desfrutar do viño, traballar en equipo e crear ambiente. Dar esta imaxe era o primordial. 

Preparación

Os preparativos estendéronse durante un mes, xa que os amigos da carallada tiñan que seguir as súas clases e manter o ritmo na carreira. Gustavo redactou as bases cos seus compañeiros, tarefa relativamente rápida. Logo comezou o traballo de campo: atopar os patrocinadores,  Bodegas Campante. “Só tiñan que deixar unha caixa de viño en cada bar etapa”, explica, “para que a xente non estivera mesturando e bebese o mesmo viño en todos os bares”. Gustavo presentaba a alianza como algo positivo para ambos: el conseguía poñer a funcionar o seu rallie, e os bares e patrocinadores conseguían posibles clientes. Se o rallie era unha estratexia de marketing, debía selo para todos. 

Gustavo dirixiuse a continuación á “Alfarería Buño”, na Costa da Morte. Foi esta alfarería a que realizou a típica cunca do París Dakar, que podedes ver na portada desta sección. “A taza oficial era para unificar a medida, así todos consumían a mesma dose”, explica Marcos Cancelas. 

Bases do rallie, escritas a man polos Amigos da Carallada Enxebre.

Borrador das bases redactadas por Gustavo e os seus compañeiros

Nada disto tería sentido sen o ingrediente principal: os bares. Gustavo foi bar por bar propoñéndolles participar como etapa neste peculiar rallie, para o que tiñan que pagar. Algúns aceptaron e outros denegaron a oferta; estes segundos foron ao ano seguinte a suplicarlle aos organizadores que os incluísen na ruta, visto o éxito da celebración anterior. No seguinte mapa, móstranse os bares que participaron nalgunha das tres competicións oficiais, aínda que moitos deles cambiaron de donos, de establecemento, ou incluso desapareceron.

Os preparativos estaban rematados: era o momento de abrir a inscripción. Gustavo sempre foi optimista, e confiou dende o principio en poder encher os dez equipos de cinco persoas aos que se lles permitía participar. “Só collíamos 10 para que non se desmadrase, pero se quixéramos ampliar a 100 equipos, teríamos 100”, declara. E así foi: os tres anos enchéronse as plazas.

Os "pilotos", iso si, tiñan que preparase como para calquera outra competición. Os participantes adestraban as noites anteriores, preparados para gañar o seu premio. “Os días antes ao París Dakar había bastante expectación”, explica Demetrio Peláez, xornalista do Correo Gallego que cubriu a primeira edición. “Daquela non había redes sociais, nin whatsapp... pero a xente sabía que había París-Dakar”. Os estudantes, que coñecían xa o percorrido, agardaban emocionados a noite da verdadeira competición. 

Non obstante, quedaba un cabo solto. Se o fin non era beber e emborracharse, como se decidía ao equipo vencedor? Por suposto, a resposta era o eixo principal do rallie: o humor. En cada bar etapa, como estableceron os Amigos da Carallada Enxebre, os concursantes deberían realizar probas tales como cantar ou contar chistes. E para o veredicto final era necesario a alguén que tivera certa fama neste campo. Así é como entra en xogo Xosé Luis Bernal, máis coñecido como Farruco.

O famoso humorista compostelá xa estivera en contacto coa Asociación. De feito, estivera no berce do París-Dakar con eles, sentado no bar Pataca. Farruco advertiu aos estudantes de que a idea era boa, pero podía caer na apoloxía do alcoholismo. As súas alternativas non foron escoitadas e el decidiu afastarse do asunto, xa que lle parecía “beber por beber”. A pesar de poñer distancia en torno ao que o París-Dakar se refire, Farruco mantivo a amizade cos estudantes.

Foi así como, a propia noite do rallie e a falta dun xuíz con potestade para realizar unha valoración final coa que coroar ao gañador, os Amigos da Carallada Enxebre buscaron a Farruco. Atopárono, como era habitual, no bar Casa Camilo, outra das etapas da competición. Pedíronlle que participase como xuíz e el aceptou. “Eles levaban un xurado polas tabernas, un grupo de rapaces que facían de xurado, pero o que daba o último veredicto era eu”, conta o cómico, “eu por aquela época estaba metido no mundo da farándula, na radio e na televisión, tiña certa sona no pobo polo humor, e por iso me escolleron a min”.

Gustavo estaba preparado para ver como o seu traballo daba os seus resultados. Esa noite do 26 de xaneiro de 1989, con Farruco sentado diante de correos listo para puntuar os chistes, os bares coas botellas de Bodegas Campante e os concursantes coas súas cuncas nas mans, a primeira edición do Rallie Humorístico París-Dakar estaba a piques de comezar...

A noite do rallie

Bar Orense cedida por Demetrio Peláez (El Correo Gallego)

A noite do rallie

Cuncas, contos e cantos

O primeiro rallie humorístico 

 

O 26 de xaneiro de 1989 a zona vella e, sobre todo, a Rúa do Franco, rebosaban de mocidade preparada para vivir a noite das súas vidas. Gustavo Marcos Cancelas e o resto de Amigos da Carallada Enxebre cubrían as rúas esperando aos concursantes aos que poñerían a proba. Demetrio Peláez, un xornalista do Correo Gallego, preparaba a cámara e a libreta de notas. As bases estaban claras e os equipos estaban listos para percorrer os bares da ruta. 

Cartaz do rallie humorístico París-Dakar cos participantes dos bares.
Bases del rallie París-Dakar en 1998

Todos os carteis cedidos por Gustavo Marcos Cancelas

Ás 19:30 aos universitarios sérvenlles a súa primeira cunca no bar París. O viño sube mentres avanzan polas rúas do Franco e da Raíña, contando chistes e facendo probas polo camiño. As probas eran unha parte importante da ruta, que quería demostrar a súa parte máis humorística.

Participantes do rallie París-Dakar diante do restaurante San Jaime.

Fotografía cedida por Demetrio Peláez

Os bares enchíanse, non só de participantes, tamén de moito máis público. Os hostaleiros dos bares da zona aínda lembran eses días con emoción.

Todo semellaba ir ben e os rapaces parecían estar pasando unha divertida noite cómico-etílica, pero xa entón había algúns escépticos que non aprobaban de todo o rallie. Como xa falamos, un deles era o humorista compostelán, Farruco. Pese a estar en desacordo non quería defraudar aos que consideraba colegas, e axudoulles participando como xuíz. Sentado na praziña do Franco, esperaba aos equipos que saían do Dakar. Estes contaríanlle un chiste que el tería que puntuar. É dicir, Farruco decidiría que equipo gañaría o rallie, o que acabou meténdoo en problemas.

La Voz de Galicia, sábado 28 de xaneiro de 1989

O humorista Farruco despois de ser golpeado no rallie.

Fotografía cedida por Farruco

A noite rematou así para Farruco, pero non moitos se enteraron. O día seguinte á noite do París-Dakar, case todo o mundo pensou que fora un éxito. 

 

Os anos seguintes

Tanto foi o seu éxito que a competición se realizaría dúas veces máis, o 8 de marzo de 1990 e o 7 de marzo de 1991, engadíndose bares polo camiño e con cada vez máis estudantes querendo participar.​ Despois de que os Amigos da Carallada Enxebre se graduasen, ninguén se animou a seguir con esta tradición, por iso, 1991 foi o último ano de París-Dakar oficial en Santiago de Compostela.

Cartaz do segundo rallie París-Dakar
Cartaz do terceiro rallie humorístico París-Dakar

A prensa do momento

O rallie saíu na prensa durante os tres anos que se realizou; nunha das ocasións incluso foi retransmitida a saída do competición a través de Radio Nacional. Os artigos do Correo Gallego seguían a liña "etílica-humorística" do París-Dakar. Demetrio Peláez, o autor da noticia do primeiro ano, admite que hoxe en día non sería posible escribir cousas así en prensa. 

Pasa o cursor por riba da imaxe para descubrir algunhas das citas icónicas que deixou o rallie

IMG_20201019_185821_1_edited_edited.jpg

“Doce féminas y treinta y ocho féminos, que tomaron parte en el I Rally Humorístico París-Dakar, adonde llegaron [al Dakar] después de mojar sus bigotes en el blanco ribeiro de 27 baretos del casco viejo compostelano.”

 

“Ningún concursante se quedó sin un diploma o medalla que justificase los vapores sufridos.”

 

“A lo largo del trayecto cada participante se ventiló 19 tazas, cantidad que traducida al lenguaje científico y culto equivale a algo más de doscientos centilitos, suficientes para agarrar un buen colocón.”

 

“Del mismo modo, en determinados puntos del recorrido, los borrachines-piloto fueron sorprendidos por la secta de los carallos enxebres, chungos personajes que a golpe de confeti y serpentizanos varios obligaron a cada concursante a inflar un globo de colorines para comprobar si los vapores etílicos iban haciendo mella en sus capacidades pulmonares.”

 

“También estuvo por allí la inevitable tuna de los “auténticos”, que animó a base de marchas procesionarias o musiquillas cuasi escocesas a la concurrencia.”

 

“Pasaban varios minutos de las doce de la noche cuando el primer equipo comenzó a degustar la última taza en las playas del Dakar. Media hora después comenzó la entrega de copones, momento en el que un participante -el único que dio la nota durante todo el recorrido- agredió al popular y polifacético Farruco.”

El Correo Gallego, venres 27 de xaneiro de 1989

bevela_otra_vez_sam_edited.jpg

“Un grupo incontable de moros y moras de la morería, atraviados todos ellos con túnicas moradas, zapatos de bufón y pañoletas multicolores atadas a la cabeza, se esforzaban en poner orden y apuntar cuidadosamente a los participantes de la prueba que estaba a punto de comenzar. No cabía duda alguna, eran los Amigos da Carallada Enxebre”

 

“Tres francesitas de muy buen ver que no dejaron en toda la carrera de entonar guerreras e incomprensibles canciones galas. En fin, que el toque más enxebre lo pusieron las guiris”

 

“Destacar el triunvarato médico que acompañó a los conductores durante todo el recorrido, e hizo los pertinentes chequeos cada vez que estos paraban en los boxes para repostar etílicamente los depósitos”

 

“Más divertido estuvo, sin embargo. El show que montaron todos los equipos delante del bar Monroy, donde se montó un tinglao folclórico de bailes caralleiros, melodías desenfrenadas de profundo tradicionalismo y sano cachondeo."

El Correo Gallego, venres 9 de marzo de 1990

“Los jóvenes ilustres de la borrachera provocada y de la juerga indispensable antes de llegar al declive de la existencia, se aproximaron, eso sí, con destreza, a la siesta más antigua de la conciencia.”

 

“El ribeiro, por lo menos el ribeiro de ayer por la noche fue menos vulgar y rudo [que la cerveza]. Todo lo contrario, tenía presente en todo momento una relación casi intelectual: beber e ingeniar, conflicto verbal que se agudizó sobre todo cuando los números llegaban al final.”

 

“Santiago celebró la décima edición de su particular Rally París-Dakar, donde se exige no alcoholismo, ni valor, ni fuerza, sólo cabeza que pueda aguantar 15 tazas y contar con todas las letras y gestos el mejor chiste o cantar a coro sin desafinar una gallegada bonita y simpática.”

 

“Los abusos de poder eran penalizados con la descalificación, aunque parecían todos buenos chicos nunca se sabe.”

los_estudiantes_gallegos_edited.jpg

El Correo Gallego, venres 8 de marzo de 1991

De 1991 á actualidade

De 1991 á actualidade

Apóstoles de plástico e botafumeiros de calamina

Fotografía propia

Trinta anos despois, a vida no Franco cambiou substancialmente, e pouco queda xa do evento que outrora reunira a miles de persoas nas tabernas.

Moitos recordan o rallie humorístico con tenrura, pero moitos outros, con gran rexeitamento.

Participantes do rallie París-Dakar diante do bar Orense
IMG_1396_edited.jpg

Fotografía antiga cedida por Demetrio Peláez, fotografía actual propia

O propio bar Dakar sorprende aos seus clientes cun cartel na entrada, dicindo:

Entrada do Dakar na actualidade cun cartaz no que se lee "no participamos en el París-Dakar".

Fotografía propia

Tras a graduación de Gustavo Marcos Cancelas e os seus compañeiros, ninguén continuou o legado deste percorrido humorístico. O Rallie non se volveu organizar, e a asociación de Amigos da Carallada Enxebre deixou oficialmente de existir. A fama, non obstante, perdurou. Grupos de estudantes e turistas seguiron indo aos bares máis típicos, portando un trozo de papel para que o camareiro plasmara alí seu cuño.

A rúa do Franco, iso si, foi enfocándose cada vez máis ao turismo e a zona de festa universitaria trasladouse a outras partes da cidade. Por iso, moitos bares pecharon ou pasaron a servir comidas a prezo de turista.

Fotografías propias

O propio bar Negreira, ou como historicamente se coñece, o bar Pataca, está hoxe completamente abandonado, deteriorado polo tempo e os carteis publicitarios.

fachada%2520bar%2520pataca_edited_edited
Bar%20Negreira%20actual0_edited.jpg

Bar Pataca no tempo. Pasa o cursor por riba da imaxe.

En verbas dun camareiro de Casa Camilo, os propios guías turísticos contan a historia do París-Dakar aos turistas, se ben "isto resulta contraproducente, porque os turistas enténdeno como un xeito de beber moito a prezos económicos", afirma. “Uns turistas que chegaron borrachos, rompéronlle un cristal aos do Dakar, e a raíz diso, o dono non quere nin escoitar falar da ruta”.

O propio Farruco, humorista galego e xuíz da primeira edición do rallie, confirma que o Dakar está "moi, moi pechado" a esta iniciativa e afirma que a nivel persoal, "non só pola agresión, despois xa, [a ruta] deixou de facerme gracia e efectivamente dexenerou". O humorista teno claro: "volvinme un inimigo do rallie París Dakar".

Para María García, propietaria do bar Charra, o rallie nunca poderá volver ser o que era, pese a que a ela lle gustaría. Achácao a tres factores: a forma de saír, o número de estudantes da cidade e o prezo.

Infografía cuncas.png

E pola súa banda, o actor Antonio Durán, Morris, que viviu de primeira man o rallie, amósase moi escéptico en canto a que volva renacer: "paréceme que o París Dakar está nas antípodas do momento que estamos vivindo".

Non obstante, en verbas de Gustavo Marcos Cancelas, o percorrido gastronómico humorístico aínda se pode revivir. Asegura que cando a crise do coronavirus amaine, os bares estarán encantados de ter algo que recupere o ambiente perdido na rúa do Franco. Os propietarios dos bares amósanse divididos:

International Museum of the Baroque

bar-charra_edited.jpg

International Museum of the Baroque

bar-orense-santiago-de_edited.jpg

Pasa o cursor por enriba das imaxes para escoitar as súas opinións

E se quero facer o París Dakar... hoxe?

O rallie, pese a non ser o mesmo, non está completamente morto. Aínda que algúns camareiros se neguen a poñer o cuño, moitos outros seguen a servir cuncas a prezo barato e a asinar “a compostelana” etílica.

A día de hoxe, hai algúns bares de nova creación que tamén se animan a poñer o cuño e servir viño, pese a ter pouco que ver co estilo enxebre das tabernas do Franco. Un exemplo é o 100 Montaditos, antigo Nova Galicia, que non ten reparo en continuar coa tradición do seu predecesor.

José Pena, propietario do bar Sixto, asegura que os estudantes seguen a facer o París-Dakar, especialmente en xuño e setembro. A era Covid, lonxe de frear as ansias de cuncas, supuxo un incremento dos estudantes que se achegaron ao Franco, "ata dez veces máis que outros anos". A ausencia de turistas na capital galega parece revivir as ganas do consumo máis enxebre, e os estudantes, como a hedra, aproveitan a caída do turismo para recuperar aquilo que era seu.

Pese a que a actual funcionalidade parece restarlle maxia ao percorrido, pese a que o rallie en si nunca volva organizarse, a ruta de bares aínda pervive e está ao alcance da man. Sen disfraces, sen bailes, sen chistes e sen xuíces, pero con bo ambiente, viños e amigos, o París-Dakar segue a ser unha opción inescusable da noite compostelá.

E para rematar... un test

Poderíamos dicir que os nosos Amigos da Carallada Enxebre estaban tan centrados na festa que ás veces esquecían a parte do estudo. Agora, veremos que tal o fas ti nos exames... Con este divertido test sobre o que aprendiches nesta reportaxe!

Test

Únete a conversa. Lémoste!

Algunha vez fixeches o París Dakar? Conseguiches que todos os bares che chantaran o cuño? Como era o ambiente? E se non o fixeches, gustaríache? Cres que se pode recuperar? Os estudantes desfasan, desvarían, pásanse... pero tamén poden ser organizados, respectuosos e coidadosos. Ti que opinas? É o rallie unha incitación ao alcoholismo desenfreado ou unha actividade divertida máis?

Anímate e participa no noso foro. Todas as opinións non benvidas!

©2020 por Rallie París-Dakar. Creada con Wix.com

bottom of page